Ciclo ‘Castelao 75 aniversario’ en Pontevedra

mér22out19:00Ciclo ‘Castelao 75 aniversario’ en PontevedraAteneo de Pontevedra19:00 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

Ateneo de Pontevedra organiza en colaboración co Concello de Pontevedra un ciclo de actividades arredor da figura do político, artista plástico, ensaísta, creador literario, figura esencial á vez icónica e poliédrica da recente historia de Galicia, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no 75 aniversario do seu falecemento.

A relación de Castelao, nado na vila de Rianxo, coa cidade de Pontevedra foi profunda no emocional, intensa no social e fundamental no político e ideolóxico, dando lugar a cambios radicais nos múltiples eidos que Castelao desenvolveu.

Na palestra ‘Pontevedra, cidade Castelao’, do vindeiro mércores 8 de outubro analizarase este vínculo Castelao & Pontevedra, onde contarase coa presenza dos historiadores Miguel Anxo Seixas Seoane e Xosé Álvarez Castro.

mércores 22 de outubro realizarase un encontro poético-musical, homenaxe á figura replublicana, exilidada e mártir, exemplo dunha Galicia perseguida e masacrada após da asonada militar de 1936.

Neste encontro, onde participarán Malvela, Uxía Senlle, Mondra, Silvia Penas Samuel Merino, terá como cabeceira, eixo e leitmotiv a invocación: ‘Irmán Daniel!’, invocación que abre o poema do mesmo título que o poeta cambadés Ramón Cabanillas escribe ao ser sabedor da morte de Castelao no exilio de Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950.

Como peche, o mércores 29 de outubro celebrarase a conferencia ‘Os nacionalismos na guerra civil española: unha visión integrada’ impartida por Xosé Manoel Núñez Seixas e na que trararase o papel da confrontación nacional na guerra civil española, tanto de dúas versións irreconciliábeis da nación española, como desas dúas versións e os nacionalismos subestatais (catalán, galego, vasco), ao fío da andaina de Castelao nese periodo.

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!