Clase maxistral de Cristina Rodríguez en Pontevedra

mér19nov19:00Clase maxistral de Cristina Rodríguez en PontevedraActividades previas dos Premios Feroz 202619:00 Facultade de Deseño - Pontevedra

Detalles do Evento

Por segundo ano consecutivo, os Premios Feroz prepararon para novembro unha serie de actividades con marcado carácter feminista para achegar aos pontevedreses algunhas figuras e oficios esenciais no sector audiovisual, pero que non sempre teñen visibilidade para o gran público.

A clase maxistral de Cristina Rodríguez, deseñadora de vestiario de cinema e TV ademais de presentadora e colaboradora de televisión, será o mércores 19 de novembro ás 19:00 horas na Facultade de Deseño (entrada libre ata completar aforo sen retirada de entrada).

Rodríguez compartirá cos asistentes a súa perspectiva profesional como estilista para cinema e series, o seu proceso creativo e a súa visión do sector.

Unha actividade que xa se realizou o ano pasado coa colaboración de Debut, a pasarela do máster en Dirección Creativa e Deseño en Moda e moderada por Lola Dopico, coordinadora do máster de Dirección Creativa e Deseño en Moda (UVigo).

Cristina Rodríguez estivo nomeada aos Goya en 7 ocasións na categoría de Mellor Deseño de Vestiario, polos seus traballos en ‘Malnazidos’, ‘Explota, explota’, ‘Non culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas’, ‘Tarde para la ira’, ‘Por un puñado de besos’, ‘3 bodas de más’ e ‘El cónsul de Sodoma’.

En 2019 gañou un Premi de l’Audiovisual Valencià polo vestiario de ‘Vivir dos veces’. O público tamén a coñece como xurado do programa de televisión ‘Cámbiame’.

Hora

(Mércores) 19:00

Localización

Facultade de Deseño

Pontevedra

Está pasando!