xuño, 2021

12xuñ11:0014:00'Comerá o bebé?' e 'Contos en familia'Programa Apego11:00 - 14:00 Xardíns do Doutor Marescot, PontevedraEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

Dentro do programa Apego, Cris de Caldas presenta o contacontos ‘Comerá o bebé?’, para bebés de 0 a 2 anos  e o obradoiro-contacontos ‘Contos en familia’.

  •  ‘Comerá o bebé?’. Contacontos, de 0 a 2 anos. Inscrición ata 20 familias. Sesión de contacontos baseada na recompilación de cantigas, recitados e xogos da tradición oral galega para a primeira infancia. Recoméndase calzado e roupa axeitada para xogar. De 11:00 a 11:35 h. nos xardíns do Doutor Marescot.
  • ‘Contos en familia’. Obradoiro-contacontos, de 0 a 6 anos. Inscricións ata 20 familias. Actividade que integra narración oral coa presentación de libros esenciais para tratar temas clave na crianza. Recoméndase levar unha mantiña ou esteira para sentar no chan. De 12:30 a 14:00 h. nos xardíns do Doutor Marescot.

Como en edicións anteriores, todas as actividades do programa Apego son de balde pero con prazas limitadas polo que é preciso realizar a pertinente inscrición antes do 7 de abril a través da páxina web apuntate.pontevedra.gal

O progama Apego, impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, pon en marcha unha nova quenda de actividades dentro deste programa, co obxecto de ofertar actividades educativas e de lecer ás familias que xa teñen fillos e fillas ata 6 anos ou que están agardando un novo membro, para fomentar e mellorar a transmisión do galego como  lingua inicial.

Ademais das familias xa inscritas, as que aínda non fagan parte do programa pero dexesen inscribirse poden solicitar unha cita en apego.gal

Hora

(Sábado) 11:00 - 14:00

Localización

Xardíns do Doutor Marescot

Rúa Doutor Enrique Marescot, 36002 Pontevedra

Está pasando!