Concerto da Orquesta Vigo 430 en Vigo

sáb14feb20:00Concerto da Orquesta Vigo 430 en Vigo'DO ÍNTIMO AO INFINITO'20:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O 14 de febreiro no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo, o concerto ‘Do íntimo ao infinito’ parte da soidade expresiva do violín —con obras de Bach, Ysaÿe e Kreisler— para culminar no Sexteto nº 2 de Brahms, interpretado por Nancy Zhou xunto ao Ensemble Vigo 430: Mario Peris (violín II), Anuschka Pedano (viola I), Javier Escobar (violaII), Alessandra Gallo (violonchelo I), Isabel Figueroa (violonchelo II).

Da soidade do violín emerxe unha viaxe interior que percorre séculos de emoción e pensamento musical.

Un programa que parte do íntimo para abrirse ao infinito da experiencia compartida.

Programa:

I

J. S. Bach
Partita No. 1 en si menor

E. Ysaÿe
Sonata No. 4, adicada a Fritz Kreisler

Kreisler
Recitativo & Scherzo – Caprice

II

J. Brahms
Sexteto nº 2

Entradas anticipadas á venda dende 6 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!