Concerto de A banda da Loba en Pontevedra

ven02mai21:00Concerto de A banda da Loba en Pontevedraciclo resoan 202521:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O venres 2 de maio, ás 21:00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, A banda da Loba presenta o seu novo traballo discográfico: ‘Lovismo’, que xira arredor da idea do amor.

A banda da Loba son Andrea, Estela, Iria, Marcela e Xiana. ‘Bailando as rúas’, ‘Fábrica de luz’, ‘Hasme oír’ e ‘Xabón Lagarta’ son os catro traballos discográficos que teñen publicados.

Este 2025 sacaron ‘Lovismo’. O amor non foi nunca un tema especialmente tratado por elas, pero tras esta última etapa na que estivo tan presente nas súasvidas por diversos motivos, decidiron explorar e falar sobre el e as súas múltiples formas e expresións.



‘Lovismo’ é un canto para as lobas amigas, para quen nos dá a man día a día, para as lobiñas que nacen no cubil, para a terra que nos acolle. ‘Lovismo’ é unha festa polo amor libre e os diversos amores. ‘Lovismo’ é unha declaración do que queremos. Non deberías perdela!

Entradas anticipadas á venda dende 13,60 euros en Ataquilla.com



RESOAN

Este concerto forma parte da programación do ciclo Resoan, promovido desde o Concello de Pontevedra, e que traerá ata Pontevedra as actuacións de Kiki Morente, Rodrigo Cuevas, A Banda da Loba, Rodrigo Cuevas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre; e Abraham Cupeiro.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!