Parador de Baiona | Xira ‘Lugares Máxicos’

Concerto de Carlos Núñez en Baiona

mar29xul20:00Concerto de Carlos Núñez en BaionaXIRA 'LUGARES MÁXICOS' 202520:00 Parador de Baiona - Baiona

Detalles do Evento

Vive unha noite máxica coa música de Carlos Núñez no escenario único do Parador de Baiona, un dos emprazamentos máis agardados da xira ‘Lugares Máxicos’.

Dende as murallas medievais do seu castelo gozaremos dun dos solpores máis espectaculares do mundo, entre as Illas Cíes e Monteferro.

‘Lugares Máxicos’ é unha xira de concertos en localizacións fermosas, buscando poñer en valor o noso patrimonio musical, arquitectónico, gastronómico e natural.

Parador de Baiona | Xira ‘Lugares Máxicos’

Carlos Núñez (Vigo, Pontevedra, 1971) está considerado internacionalmente como un músico extraordinario. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

Agora ofrece un novo e singular directo, nun marco patrimonial que arroupará como ningún outro ou seus máxicos sons.

Entradas á venda en carlosnunezentradas.com

Hora

(Martes) 20:00

Localización

Parador de Baiona

Av. Arquitecto Jesús Valverde, 3, 36300 Baiona

Está pasando!