Concerto de Coti en Poio

sáb30ago22:30Concerto de Coti en PoioFesta do Mar de Combarro22:30 Praza da Chousa, Combarro - Poio

Detalles do Evento

A programación musical da Festa do Mar de Combarro segue collendo forza. O Concello de Poio vén de anunciar dúas novas incorporacións ao cartel: Coti e Natalia, que actuarán o sábado 30 de agosto, a partir das 22:30 horas, nun concerto con entrada gratuíta.

O cantautor arxentino Coti, recoñecido a nivel internacional por temas como “Antes de ver el sol”, “Nada fue un error” ou “Otra vez”, incluirá Poio como unha das paradas na súa xira europea, que o levará tamén por cidades como Londres, Dublín e Ámsterdam.

Xunto a el estará a cantante e compositora Natalia, coñecida polo seu paso por Operación Triunfo e cunha sólida traxectoria musical avalada por cinco discos, dous discos de ouro, un de platino e máis de medio millón de copias vendidas. Cancións como “Vas a volverme loca”, “Besa mi piel” ou “Loco por mí” forman xa parte do imaxinario musical de varias xeracións.

Estas actuacións únense á xa confirmada hai unhas semanas: o concerto da icónica banda madrileña Miss Caffeina, que terá lugar o venres 29 de agosto na Praza da Chousa.

Co seu estilo inconfundible e directo vibrante, a banda ofrecerá un espectáculo onde soarán grandes éxitos como “Merlí”, “Reina” ou “Mira cómo vuelo”, xunto cos seus novos singles “Debería estar brillando” e “Argumento de mierda”, avances do seu próximo álbum “Buenasuerte”, previsto para outubro.

Miss Caffeina regresa aos escenarios tras un breve parón, e escolle Poio como un dos puntos destacados desta nova etapa chea de enerxía, emoción e novidades musicais, tras pasar por outros escenarios como festival Sonorama ou o Festival de Benicássim.

A Festa do Mar celebrarase en Combarro do 28 ao 31 de agosto e combinará música con tradición, identidade mariñeira e unha programación ampla, de calidade e variada para todos os públicos, que será anunciada nos próximos días.

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Praza da Chousa, Combarro

Praza da Chousa, s/n 36994 Combarro

Está pasando!