Concerto de David Bustamante en Vilagarcía

mér20ago22:30Concerto de David Bustamante en VilagarcíaFestas de San Roque 202522:30 Parque da Xunqueira - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O popular cantante David Bustamante atópase de xira por toda España co ‘Tour Inédito’, motivado polo lanzamento do seu novo traballo: “Este disco lo siento como un volver a empezar. Me siento pleno, realizado. Es como si ahora estuviera en el ecuador de mi carrera y hubiese conocido una nueva faceta”, explica o cantante.

Neste traballo, composto por unha decena de temas pop, os fans coñecerán a lado máis creativo de Bustamante, que se lanza por primeira vez a compoñer as súas cancións: “Llevo años escribiendo, pero nunca he llegado al estudio con los temas hechos, como ahora. Cuando empecé, anhelaba cantar; ahora también tengo cosas que decir”, expón.

David Bustamante fíxose coñecido a raíz da súa participación na primeira edición de Operación Triunfo (2001), de onde saíron moitos outros artistas recoñecidos, como David Bisbal ou Chenoa.

Con catro millóns de seguidores na redes sociais, once discos ás súas costas, e máis de 1.000 concertos por toda España, Bustamante “é un dos artistas máis importantes do país”, apuntan dende a súa discográfica.

O artista cántabro actuará o mércores 20 de agosto ás 22:30 horas no parque da Xunqueira, con entrada gratuíta. 

Hora

(Mércores) 22:30

Localización

Parque da Xunqueira

Rúa García Caamaño, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!