Guadi Galego | © Carlos Abal

Concerto de Guadi Galego en Vilagarcía

mér14ago22:30Concerto de Guadi Galego en VilagarcíaFestas de San Roque 202422:30 Parque da Xunqueira - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Guadi Galego participará nas festas de San Roque este ano, cun concerto gratuíto que se celebrará o próximo 14 de agosto no Parque da Xunqueira.

Gañadora dun Premio Martín Códax este ano á Mellor Canción de Autora, comezou en 2024 a xira do seu último espectáculo, ‘Síntese Horizonte’, co que está a encher os principais teatros de Galicia.

A andaina musical de Guadi Galego comezou sendo ela moi nova, un camiño fiado especialmente a Berrogüeto como vocalista, pianista e gaiteira, e que, co tempo, deu paso a outros proxectos máis persoais, como Espido ou Nordestin@s.

No 2009 inicia a súa carreira en solitario con ‘Benzón’. Logo chegarían os exitosos ‘Lúas de Outubro e Agosto’ (con éxitos indiscutibles como ‘Chea de vida’ ou ‘Matriarcas’), ‘O mundo está parado’, ‘Inmersión’, ‘Costuras’ ou o máis recente ‘Roibén’, LP que presentou en diferentes puntos da xeografía peninsular.

Logo da ‘Roibén’ (2022) e dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. En outono de 2023 lanza o sinxelo ‘O.D.A’, toda unha declaración de intencións sobre a madurez e aceptación da vida, e na que reivindica o dereito a seguir experimentando, pois ‘O.D.A’ non é só un punto de chegada: marca o inicio dunha nova etapa na carreira da artista.

Neste 2024 aposta pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender do establecido.

Este concerto enmárcase no programa “+Música” da Deputación de Pontevedra.

Hora

(Mércores) 22:30

Localización

Parque da Xunqueira

Rúa García Caamaño, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!