Concerto de Jeff Cascaro en Pontevedra

xov08ago22:30Concerto de Jeff Cascaro en Pontevedra30º FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA22:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

O xoves 8 de xullo a partir das 22:30 horas, Jeff Cascaro fará vibrar a Praza da Ferraría dentro da 30ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

Durante case dúas décadas, este cantante e trompetista de primeiro nivel nado en Bochum (Alemaña) emocionou ao público cunha música moi persoal, combinando jazz con soul e blues. A calidade das súas actuacións levouno a visitar case todos os festivais importantes, pero tamén pequenos clubs de jazz… nos que non deixou a ninguén indiferente.

Jeff Cascaro popularizou como ninguén o soul-jazz, primeiro en Alemaña, o seu país de orixe, e logo no resto de Europa, aínda que, nos últimos tempos, decidiu profundar no jazz clásico, coa mesma paixón, pero sendo igualmente fiel ás raíces do blues, o cal se evidencia no seu primorosa selección de composicións ofrecidas en directo.

Nos seus concertos, que ofrece baixo a denominación “Love and Blues in the City”, alterna pezas de jazz clásico e melodías de rythm&blues, combinando cunha habilidade moi natural o jazz, o swing e o blues. Esta oferta tan diversa preséntaa nun formato de cuarteto reservando un espazo para o dinamismo, e ao mesmo tempo para a delicadeza vocal. O resultado é unha música moi emotiva e con moito groove, na que se mesturan as mellores partes vocais con improvisacións, pero no centro da acción está sempre a súa cálida voz, que bebe indubidablemente da máis pura tradición dos grandes cantantes de jazz.

Jeff Cascaro desenvolveu unha estética sonora impresionante a través dos seus álbums de estudio que representan documentos sonoros atemporais do soul e o jazz: Soul of a Singer (2006), Mother and Brother (2008), The Other Man (2012), e Love and Blues in the City (2017), son os títulos dos seus aclamados lanzamentos ao mercado.



FESTIVAL INTERNACIONAL DE JAZZ E BLUES DE PONTEVEDRA

Trinta anos cumpre este 2024 o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. Tres décadas onde a Boa Vila foi testemuña do paso dalgúns dos artistas máis importantes destes dous xéneros, con exemplos lendarios coma Johnny Winter, John Scofield, Robert Cry, Esperanza Spalding, Taj Mahal, Derek Trucks, Cory Henry ou Gregory Porter.

Praza da Ferraría continuará este verán sendo epicentro desta onda sonora, a través de seis novas actuacións con Iago Banet (5 de agosto), Antilia (5 de agosto), Sempasúchil (6 de agosto), Rick Estrin & The Nightcats (7 de agosto), Jeff Cascaro (8 de agosto) e Richard Bona & Alfredo Rodríguez Trío (9 de agosto).

Coma sempre, a entrada será libre e de balde.


Hora

(Xoves) 22:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!