Concerto de La La Love You en Pontevedra

lun12ago22:30Concerto de La La Love You en Pontevedrafestas da peregrina 202422:30 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra desvelou o ‘concerto sorpresa’ das Festas da Peregrina 2024, o grupo que converterá a Praza de España nunha festa o luns 12 de agosto será La La Love You.

Nun tempo record e nada máis publicar o seu primeiro traballo discográfico, este quinteto do sur de Madrid converteuse nun dos maiores fenómenos da música indie nos últimos anos.

Hoxe, La La Love You é un grupo asentado no circuíto español de festivais. No 2020 fíxose co premio EMA da MTV a Mellor artista español, superando a outros nomeados como Aitana ou Leiva; e o seu éxito ‘El fin do mundo’ é unha das máis reproducidas nos últimos anos en todas as plataformas musicais e que segue no máis alto nas listas de reprodución.


Hora

(Luns) 22:30

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!