Concerto de Manuel López, O Pianista da Man Esquerda, en Vigo

ven13feb19:00Concerto de Manuel López, O Pianista da Man Esquerda, en Vigo'O amor e a música' De Ludovico a Paco de Lucía19:00 Conservatorio Superior de Música de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Manuel López, O Pianista da Man Esquerda, regresa a Galicia dentro da súa nova Xira 2026, con novas composicións inéditas e tributos, en un concerto íntimo no Conservatorio Superior de Música de Vigo, cheo de música e emoción, onde o amor será o principal protagonista.

O pianista e compositor Manuel López convídanos, unha vez máis, a unha viaxe sonora cargada de superación e virtuosismo.

Tras enfrontarse a un ictus, e máis de 20 anos de Distonia focal, atopou na súa man esquerda a ferramenta para seguir expresándose a través do piano, adaptando e reimaginando obras concibidas orixinalmente para ambas as mans.

Neste concerto, Manuel ofrecerá un recital tributo ao amor que percorre algunhas das páxinas máis belas e románticas da música de Chopin, Debussy, Scriabin, xunto ás composicións máis emotivas de Ludovico E, Yiruma, Michael Nyman, R. Sakamoto, Ólafur Arnalds, así como a nosa música española e a esencia do noso flamenco con Paco de Lucía.

A través da súa música, Manuel transmite unha mensaxe inspiradora: o amor polo piano pode superar calquera obstáculo.

Entradas anticipadas á venda dende 13 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 19:00

Localización

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Rúa de Manuel Olivié, 23, Freixeiro, 36203 Vigo

Está pasando!