Aida Saco Beiroa | Orquesta Clásica de Vigo

Concerto de Nadal da Orquesta Clásica de Vigo en Cangas

lun29dec20:00Concerto de Nadal da Orquesta Clásica de Vigo en Cangas150 aniversario de Maurice Ravel20:00 Auditorio Municipal de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

Despedir o ano sempre é unha oportunidade para congregar artistas e audiencias para explorar novos e vellos repertorios conformando un verdadeiro punto de encontro.

En 2025 celébrase o 150 aniversario de Maurice Ravel, un anovador fundamental da música no século XX. Nesta ocasión contaremos coa pianista Aida Saco Beiroa, unha artista galega de proxección internacional que viaxará a Cangas para interpretar un dos concertos máis fermosos do século XX: o Concerto para piano en sol maior, M.83, de M. Ravel, unha verdadeira xenialidade virtuosística que recollerá a modernidade cunha importante presenza estilística do jazz froito desa viaxe aos EUA.

Por outra banda, non podemos esquecer a importancia de Chaikovski no Nadal, interpretando unha obra fundamental no seu repertorio: a Suite do Quebranoces, unha obra enmarcada nas celebracións do Nadal e coa que queremos despedir o ano neste contexto festivo.

Programa:

Concerto para piano en sol maior, M.83, de M. Ravel
I. Allegramente
II. Adagio assai
III. Presto

O Quebranoces (suite), Op.71a, de P. I. Chaikovski

Solista: Aida Saco Beiroa
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas anticipadas á venda dende 10,60 euros en Ataquilla.com

Aida Saco Beiroa | Orquesta Clásica de Vigo

Aida Saco Beiroa, piano

Pianista galega formada en Barcelona, Rotterdam, París e Nova Iorque, onde se gradúa da Manhattan School of Music coas máximas cualificacións.

Como concertista clásica, ten realizado numerosos concertos e foi convidada a participar en diversos festivais de España, Portugal, Italia, Polonia e Estados Unidos.

Gañadora de importantes bolsas como a Bolsa de Excelencia da Fundación Ferrer-Salat, a Bolsa Fulbright do Ministerio de Cultura e Deporte ou a Bolsa da Fundación “la Caixa” 2024, tamén foi galardoada en numerosos concursos de piano, obtendo o 1.º Premio do IV Premi Ciutat de Mataró, 1.º Premio e Premio Especial no 1st European Piano Competition, 2.º Premio no 10.º Concorso Internazionale “Città di Massa” ou 3.º Premio no Concurso Internacional de Piano Ciudad de Sevilla, entre outros.

Na actualidade reside en Nova York, onde compatibiliza a súa actividade docente con proxectos como concertista, que a levarán, entre outros, a actuar como solista coa Orquestra das Nacións Unidas esta tempada.

Hora

(Luns) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!