Concerto de Roi Casal en Poio

ven05set21:00Concerto de Roi Casal en Poioxira 'ambos mundos'21:00 Lourido - Poio

Detalles do Evento

Roi Casal, un dos grandes expoñentes da actual música galega a nivel internacional, actuará este venres, 5 de setembro, no parque Costa Xiráldez de Lourido.

O concerto, que comezará ás 21:00 horas, será con entrada gratuíta.

Roi Casal presentará o seu último espectáculo “Ambos Mundos”, unha proposta musical que combina os seus recentes singles gravados e producidos nos Estados Unidos con algúns dos seus grandes éxitos.

A posta en escena fusiona ritmos latinos e sonoridades pop coas raíces da música galega, nun formato pensado para conectar co público de todas as idades.

O artista pontevedrés iniciouse como arpista en Milladoiro, unha das formacións máis emblemáticas da música tradicional galega, e tras unha década de traxectoria con eles consolidou unha carreira en solitario cunha importante proxección internacional.

Antes de Roi Casal, actuará a agrupación Máis Cantos, que animará o ambiente coas súas cantigas de taberna e música popular.

Este concerto forma parte da programación cultural que o Concello de Poio está a desenvolver ao longo do ano, cunha ampla oferta de actividades lúdicas, deportivas e musicais en espazos públicos.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Lourido

Lourido, Poio

Está pasando!