Concerto de Roi Casal en Vilanova de Arousa

dom10ago21:00Concerto de Roi Casal en Vilanova de Arousasonatas de verán 202521:00 Xardín Umbrío - Vilanova de Arousa

Detalles do Evento

O Xardín Umbrío de Vilanova de Arousa acolle o domingo 10 de agosto un concerto do cantautor e compositor galego Roi Casal, dentro do programa Sonatas de Verán 2025.

Concerto ao aire libre, con entrada de balde.

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nado en 1980. Domina con grande virtuosismo a arpa céltica e a zanfoña, instrumentos milenarios da súa terra natal. Formou parte da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009.

A súa carreira artística en solitario comeza en 2009 coa publicación do álbum ‘Lendas douradas’, ao que seguiron ‘Maxicamente vello’ (2011) e ‘Donos do noso destino’ (2014). Estes traballos foron aclamados pola crítica especializada e convertéronse en número un en vendas en Galicia no momento dos seus lanzamentos.

A súa música serviu tamén como banda sonora para producións cinematográficas e de televisión en distintos países, mentres que as súas xiras o levaron a lugares como Xapón, Arxentina, Estados Unidos, Suíza, Uruguai, Portugal ou Alemaña.

Hora

(Domingo) 21:00

Localización

Xardín Umbrío

Avenida González Besada, 36620 Vilanova de Arousa

Está pasando!