Tempus Trío

Concerto de Tempus Trío en Pontevedra

lun02feb20:30Concerto de Tempus Trío en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Enmarcado na Tempada 2025-2026 da Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o luns 2 de febreiro, ás 20:30 horas, Tempus Trío ofrecerá un concerto no Teatro Principal de Pontevedra no que ofrecerán pezas de Beethoven.

Un trío integrado por María Tió (violín), Ferran Bardolet (violonchelo) e Ricard Rovirosa (piano), que xa obtivo varios galardóns en Bruxelas, Singapur e Viena. Obras de Mozart, Schubert, Debussy e Mendelssohn.

Os intérpretes comparten co público a súa vivencia persoal da música, as intimidades da interpretación e os segredos das obras que tocan. Un diálogo cos oíntes para falar das sensacións e as emocións que desvela a música.

Integral da obra para violín, violonchelo e piano de Beethoven (I)

BEETHOVEN
Trío para violín, violonchelo e piano nº 1 en Mi bemol maior, op. 1 nº 1

BEETHOVEN
Trío para violín, violonchelo e piano nº 5 en Re maior, op. 70 nº 1

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!