Concerto de Treixadura en Vilanova de Arousa

dom17ago21:00Concerto de Treixadura en Vilanova de ArousaSonatas de Verán 202521:00 Xardín Umbrío - Vilanova de Arousa

Detalles do Evento

O Xardín Umbrío de Vilanova de Arousa acolle o domingo 17 de agosto, o concerto do grupo de música tradicional galega Treixadura, dentro do programa Sonatas de Verán 2025.

Concerto ao aire libre, con entrada de balde.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

32 anos de gravacións e concertos 8 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Hora

(Domingo) 21:00

Localización

Xardín Umbrío

Avenida González Besada, 36620 Vilanova de Arousa

Está pasando!