Concerto de violíns 'Stroh' en Vigo

sáb14mar20:30Concerto de violíns 'Stroh' en VigoOrquesta Clásica de Vigo20:30 MARCO - Vigo

Detalles do Evento

A Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá un concerto con violíns ‘Stroh’ e instrumentos históricos, no que participará Aleksander Kolkowski, un artista, investigador e coleccionista fundamental para entender a historia do rexistro sonoro.

Será o sábado 14 de marzo, ás 20:30 horas no MARCO.

Este concierto será complementado co ciclo de conferencias As pegadas do son e unha motra que permite contextualizar la gran importancia de ese período para a historia da música.

O violín ‘Stroh’, inventado e patentado en Londres en 1899 por Augustus Stroh, caracterízase pola súa gran trompeta de aluminio e por un sistema de amplificación mediante diafragma en lugar dunha caixa de resonancia tradicional. Supuxo a reformulación máis significativa no deseño dos instrumentos de corda desde o século XVII, como produto da vangarda científica e tecnolóxica da era victoriana.

Os violíns e violas Stroh utilizáronse case de forma universal nos primeiros estudos de gravación pola súa potencia sonora e direccionalidad.

Convertéronse nun elemento característico das bandas de jazz e da música de baile das décadas de 1920 e 1930 en todo o mundo e, aínda que finalmente foron substituídos por instrumentos electrónicos, os violíns con trompeta continuaron sendo adoptados por músicos tradicionais romaneses, reproducidos por artesáns birmanos e experimentaron un renacemento en múltiples formas de creación musical contemporánea.

Este concerto único está organizado en colaboración co compositor e investigador Aleksander Kolkowski e contará con varios instrumentos de corda históricos e pouco comúns da súa colección persoal, unha das máis extensas e funcionais deste tipo.

O programa combinará música nova, composta especialmente para os instrumentos Stroh, con repertorio das décadas de 1920 e 1930.

Aleksander Kolkowski, Violinista e artista sonoro

Aleksander Kolkowski é un compositor, violinista e investigador que utiliza aparellos históricos de gravación e reprodución de son, así como medios obsoletos, para crear música contemporánea mecánico-acústica e electrónica. Actuou e expuxo a nivel internacional desde 1985, e contribuíu a máis de 30 gravacións publicadas en múltiples xéneros.

Doutoramento outorgado pola Universidade Brunel, Londres (2011); artista sonoro residente no Science Museum de Londres (2012); investigador asociado no Royal College of Music de Londres (2013) e no Science Museum (2014–15); compositor residente no Arquivo Sonoro da Biblioteca Británica (2016–18); académico visitante no Instituto Max Planck de Historia da Ciencia, Berlín (2019); investigador posdoctoral asociado na Universidade de Luxemburgo (2019–22). Coautor de Doing Experimental Media Archaeology: Practice (De Gruyter, 2023).

Actualmente é investigador asociado honorario no Museo da Ciencia de Londres. Reside en Málaga.

O CD en solitario de Kolkowski, Portrait in Shellac (2000), foi a primeira gravación publicada de música nova composta exclusivamente para violín Stroh. Desde entón, reuniu unha extensa colección de instrumentos de corda con bucina históricos, todos restaurados para o seu uso profesional.

Estes instrumentos foron amplamente utilizados en concertos, especialmente co conxunto de música contemporánea Apartment House (Reino Unido), o Kairos Quartett (Alemaña), así como nas propias actuacións en solitario de Kolkowski.

Tamén foron expostos no Musical Museum de Londres e no Museo de Instrumentos Musicais do Royal College of Music no ano 2012.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!