Diego Ares | Sociedad Filarmónica de Pontevedra

Concerto de Diego Ares en Pontevedra

lun10nov20:30Concerto de Diego Ares en PontevedraSociedad Filarmónica de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Con tres ‘Diapason d’or’ no seu haber e o respecto que lle profesan tanto os seus colegas como o público, Diego Ares está considerado como un dos principais clavecinistas da súa xeración.

Este músico, nado en Vigo, ofrecerá un concerto no Teatro Principal de Pontevedra o luns 10 de novembro, ás 20:30 horas, no que interpretará pezas de Johann Sebastian Bach.

BACH

Adagio en Sol maior, BWV 968

BACH

Variacións Goldberg, BWV 988

A nova tempada da Sociedad Filarmónica de Pontevedra inclúe máis dunha ducia de concertos que se celebrarán no Teatro Principal, Auditorio Sede Afundación e Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, entre outubro de 2025 e xuño de 2026.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonica.org

Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!