Concerto Samaín da Banda de Música de Pontevedra

xov31out20:00Concerto Samaín da Banda de Música de Pontevedra'Concertos de Outono 24'20:00 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Banda de Música de Pontevedra presentou a programación do ciclo ‘Concertos de Outono 2024’, que terá lugar entre o 5 de outubro e o 22 de decembro. 

Dividida en bloques temáticos e con diferentes espazos como escenario, a Banda de Música de Pontevedra celebrará un total de 12 concertos. A música popular, a música sacra, a zarzuela, a ópera, os musicais ou as bandas sonoras serán protagonistas dunha programación que contará tamén con especiais polo Samaín, os Premios Feroz e o Nadal.

Varios centros sociais, o mercado Municipal, diferentes igrexas e o Teatro Principal serán os escenarios que acollerán as propostas da agrupación musical.

Todos eles, independentemente do seu lugar de celebración, comparten a característica de ser con entrada de balde ata completar cabida.



Concertos de Música Popular (dirixidos por Nicolás Leiro Álvarez)

  • 5 de outubro ás 19h. na Casa Cultural de Monteporreiro
  • 12 de outubro ás 20h. na Casa Verde de Salcedo
  • 20 de outubro ás 19h. na Casa Cultural de Campañó

Concerto Samaín (dirixe Rafa Agulló Albors)

  • 31 de outubro ás 20h. no Mercado Municipal de Pontevedra

Concertos de Música Sacra (dirixidos por Marcel Van Bree)

  • 19 de outubro ás 20.30h. na Igrexa de San Francisco
  • 26 de outubro ás 21h na Igrexa de Santa María
  • ⁠2 de novembro ás 20h. na Igrexa de San José (Campolongo)
  • ⁠16 de novembro ás 21h. na Igrexa Virgen del Camino

Concertos no Teatro Principal

  • 9 de novembro ás 20h. ‘De viaxe coa lírica’ – zarzuela, ópera e musicais baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
  • ⁠30 de novembro ás 20h. ‘Concerto Feroz’ – Bandas sonoras baixo a dirección de Rafael Agulló Albors
  • ⁠1 de decembro ás 12h. ‘Grandes Clásicos’ – concerto popular baixo a dirección de Nicolás Leiro Álvarez
  • ⁠22 de decembro ás 12h. ‘Concerto especial de Nadal’ baixo a dirección de Rafael Agulló Albors

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!