Conmemoración do 25N en Ribadumia

ven15nov19:00Conmemoración do 25N en RibadumiaDía Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller19:00 Concello de Ribadumia - Ribadumia

Detalles do Evento

  • O programa polo Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller conta con actividades como obradoiros, exposicións e unha andaina solidaria
  • No marco do 25N, o ente municipal presentará o seu I Plan de Igualdade


O Salón de Plenos da Casa Consistorial acolleu o martes 12 de novembro, a presentación da programación do Concello de Ribadumia en conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

As actividades darán comezo o vindeiro 15 de novembro no Auditorio Municipal co obradoiro “Comunícate con confianza e seguridade”, organizado en colaboración co Centro de Información á Muller do Salnés. O 20 de novembro terá lugar a inauguración da exposición “Á violencia de xénero dille non”, que permanecerá aberta ao público ata o 4 de decembro; e o 21 de novembro as persoas interesadas poderán participar no segundo obradoiro do CIM, “O poder das redes sociais”.


Presentación da programación do 25N en Ribadumia | © Concello de Ribadumia

De cara á fin de semana, o domingo 24 de novembro contaremos cunha dobre cita, pola mañá, a andaina #NonEstásSoa, que partirá da praza do Concello ás 10:30 horas, percorrendo a beira do río Umia ata Cabanelas e volta ao punto de partida. Pola tarde, ás 19:00 horas o Auditorio acollerá a obra de teatro “Elas” de Vero Rilo.

O 25N procederase á lectura do manifesto institucional no Auditorio, acompañado dunha actuación interpretación musical.

Outra das citas destacadas do programa celebrarase o 26 de novembro na Casa do Concello, onde se presentará o I Plan de Igualdade, no que se recollen as liñas a seguir e as medidas a adoptar en favor dunha sociedade igualitaria, libre de violencia cara a muller.

O mércores 27 de novembro, chega a quenda da xornada de formación do Plan Corresponsables da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra.

Pero iso non é todo, a programación municipal continúa o 29 de novembro, co último dos obradoiros organizado polo CIM do Salnés, “Enfrontando a violencia de xénero, construíndo respostas e reaccións dende o rural”, que se celebrará no anfiteatro do Auditorio.

Finalmente, o broche final a esta completa listaxe de actividades, porano o obradoiro de danza contemporánea impartido por Xiana Vilas o 30 de novembro, que ten como obxectivo promover a igualdade a través da danza, fomentando a autoestima e a sororidade.


Hora

(Venres) 19:00

Localización

Concello de Ribadumia

Está pasando!