'Contos animados', de Os Carballiños en Vilagarcía

ven24out17:30'Contos animados', de Os Carballiños en VilagarcíaDía das Bibliotecas 202517:30 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O venres 24 de outubro ás 17:30 horas farase a entrega dos 11 diplomas aos Mellores Lectores/Usuarios do servizo de préstamo (infantil/xuvenil) do ano 2024.

Ao acto acudirán tanto o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, como a concelleira de Educación, Paola María, ademais dos galardoados, que recibirán un lote de libros como agasallo.

A continuación, sobre as 18:00 horas, celebrarase unha actividade lúdica dirixida a nenos a partir dos catro anos. Trátase dun espectáculo de contacontos e animación, co título de ‘Contos animados’ a cargo da compañía AC OS Carballiños.

Xa ao día seguinte, o 25 a partir das 12:00 horas, levarase a cabo outra iniciativa consistente nunha narración oral e animada baixo o título ‘Historias dun mundo grande’, a cargo de Fran Ameixeiras e a compañía Bandullo Azul.

Dirixida a nenos a partir de 4 anos e ata 11, conta a historia da cadeliña Becki e as súas viaxes polo mundo.

Ambas actividades intégranse no servizo de extensión cultural da biblioteca, co que se pretende fomentar o hábito da lectura durante os primeiros anos de idade, así coma dar a coñecer o servizo municipal entre as familias.

Hora

(Venres) 17:30

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!