‘Entrega en man’ | © Diego Seixo

Contraproducións presenta 'Entrega en man' en Vilagarcía

sáb25mai20:00Contraproducións presenta 'Entrega en man' en VilagarcíaREDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS (AGADIC)20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o primeiro semestre do ano en Vilagarcía de Arousa pecharase o sábado 25 de maio coa obra de teatro ‘Entrega en man’, da compañía Contraproducións.

Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diego Sales interpretan esta comedia baseada nun texto do dramaturgo Martin McDonagh adaptada para a ocasión por Cándido Pazó.

Entradas anticipadas desde 5 euros á venda en Ataquilla.com e, de non esgotarse, na billeteira do Auditorio a partir das 18:00 horas.

Como nos convenios anteriores, os billetes para as funcións programadas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios teñen un prezo reducido de 5 euros, ofertando o Concello de Vilagarcía bonificacións especiais para xóvenes, persoas maiores e desempregados. As persoas pertencentes a estes colectivos deberán acreditar a súa condición presentando o Carné Xove, a tarxeta de desempregado e DNI, segundo proceda, para poder optar á entrada a 3 euros.



Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso.

Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción.

Unha comedia tola e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!