'Corentena', Perdomo e Touriñán en directo en Ponteareas

sáb17feb20:00'Corentena', Perdomo e Touriñán en directo en PonteareasUn espectáculo de David Perdomo e Xosé A. Touriñán 20:00 Auditorio Municipal Reveriano Soutullo - Ponteareas

Detalles do Evento

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de ‘Corentena’, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas.

Espectáculo non recomendado para menores de 16 anos.

Dúas funcións, ás 20:00 e ás 22:30 horas.

Venda de entradas anticipadas dende 15 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal Reveriano Soutullo

Rúa Doctor Fernández Vega, s/n, 36860 Ponteareas

Está pasando!