‘Croquetas’ | Agrupación Teatral Mariñán

'Croquetas', da Agrupación Teatral Mariñán en Vigo

sáb06set20:00'Croquetas', da Agrupación Teatral Mariñán en VigoCircuíto de Teatro Amador FEGATEA20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

A programación teatral volve á Sala Ártika co Circuíto de Teatro Amador FEGATEA, organizado pola compañía Fauna 113.

sábado 6 de setembro ás 20:00h a Agrupación Teatral Mariñán porá en ecena ‘Croquetas’, unha comedia absurda que se mergulla no desastre escénico máis hilarante: un guión horrible, un director nefasto e un elenco completamente inepto.

O resultado? Risas aseguradas… ou non. Un espectáculo que parodia o mundo do teatro desde dentro, con humor irreverente, ritmo frenético e una boa dose de autoescarnio.

Finalista en varios certames, esta peza fai das croquetas unha metáfora do caos teatral mais delicioso.

Que acontece cando se xunta un guión pésimo, un director desastroso e un grupo de actores sen ningunha aptitude artística? O resultado é ‘Croquetas’, unha comedia absurda onde todo está destinado a saír mal… e iso é precisamente o divertido.

A obra convida ao público a entrar no caótico proceso de ensaio e representación dunha función teatral condenada ao fracaso, convertendo o desastre escénico nun xogo de humor, confusións e personaxes pasados de rosca.

Un espectáculo que ironiza sobre o propio teatro cunha boa dose de parodia e autoescarnio, onde cada erro é unha oportunidade para rir a gargalladas. Ideal para quen goza das comedias que non teñen medo ao ridículo.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!