Cursos da Aula CeMIT de Poio en febreiro

sáb01febConsultarven28febCursos da Aula CeMIT de Poio en febreiroCentros para a modernización e Inclusión Tecnolóxica(Consultar) Aula Cemit de Poio - Poio

Detalles do Evento

A Aula Cemit de Poio organiza para o mes de febreiro oito cursos novos de habilidades dixitais coas que continuar ampliando a súa oferta formativa, e que van desde procesador de textos e follas de cálculo en niveis de iniciación e medio, manexo do móbil intelixente, edición de imaxes con Gimp, manexo do móbil intelixente, creación de páxinas web e de bolgs.

Todas as actividades son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web cemit.xunta.gal, no correo [email protected] ou na propia aula situada en Combarro.

Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet da aula a través da Aula Aberta, sempre con cita previa e en horario de luns a venres, entre as 19.30 e as 21.00 horas. As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.

O curso de Iniciación ao procesador de texto libreoffice writer desenvolverase do 2 ao 7 de febreiro, en horario de 16.30 a 18.00 horas. O alumnado aprenderá a empregar este programa para crear ou modificar un documento de texto, darlle un formato básico, gardalo e imprimilo.

O nivel medio de procesador libreoffice writer impartirase do luns 10 ao 14 de febreiro, no mesmo horario e, neste caso, explicarase como aplicar formatos avanzados, modificar as propiedades do documento, traballar con táboas e elementos gráficos e coñecer máis en profundidade as ferramentas que máis se empregan.

Edición de imaxes con Gimp impartirase do mércores 5 ao venres 7 de febreiro, de 18.00 a 19.30 horas. Con este curso, os usuarios iniciaranse no uso dunha das ferramentas máis empregadas e recoñecidas no sofware libre e que permitira editar fotografías e crear composicións propias, transmitindo de maneira visual ideas ou mensaxes.

Do 10 ao 14 de febreiro organizarase o curso Manexo do móbil intelixente (smartphone), entre as 18.00 e as 19.30 horas, para que o alumnado coñeza todas as posibilidades e ferramentas para sacar o máximo proveito do seu teléfono: desde como chamar, acceder a internet, sacar fotos e compartilas con outras persoas, etc.

Iniciación ás follas de cálculo será do luns 17 ao venres 21, entre as 16.30 e as 18.00 horas. As follas de cálculo son, xunto co procesador de texto, unha das aplicacións máis empregadas, xa que se poden crear documentos que realizan cálculos de xeito automático e permiten a súa impresión, polo que son moi utilizadas na contabilidade, facturación e almacén, sendo unha ferramenta indispensable para o traballo na oficina. Ao finalizar o nivel de iniciación, o usuario coñecerá o funcionamento e conceptos básicos dunha folla de cálculo, poderá aplicar fórmulas sinxelas, modificar e crear documentos con varias follas.

O nivel medio de follas de cálculo impartirase do luns 24 ao venres 28 de febreiro, entre as 16.00 e as 18.00 horas, e aprenderase a facer uso das funcións de cálculo, aplicar formatos condicionados, inserir gráficas, etc.

Con respecto á formación Iniciación de páxinas web, impartirase do 17 ao 21, e aprenderase a crear páxinas sinxelas e de xeito gratuíto, mentres que Crea o teu blogue organizarase entre o o 24 e 27 de febreiro. Neste caso, verase como crear e manter un blogue propio, unha das formas de comunicación na internet, elaborando, subindo e mantendo actualizado o contido.

Hora

febreiro 1 (Sábado) - 28 (Venres)

Localización

Aula Cemit de Poio

Carreiro do Campo, 17 Combarro 36993 Poio

Está pasando!