David Amor e Josito Porto presentan 'Go Home' en Pontevedra

ven20set21:00David Amor e Josito Porto presentan 'Go Home' en Pontevedraa nova comedia negra de Tito Asorey21:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Go Home’ é a nova comedia negra de Tito Asorey protagonizada por David Amor e Josito Porto, escrita por José Prieto, en asociación con grandes nomes da nosa escena como José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira ou Xavier Porto.

Trátase dunha peza comprometida coa realidade, que conta a historia de David, un fanático das viaxes que xa experimentou todas as andanzas que as axencias de turismo podíanlle ofrecer. Todas, menos unha. Así empeza, para o noso protagonista, un mundo novo de emocións.

Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problematicas asociadas a Galicia, na procura dunha obra plena onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.

Gala benéfica organizada por AFAPO, con motivo do día mundial do Alzheimer.

Entradas anticipadas á venda dende 10 euros en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!