'De Vilatriste a Vilalegre: A Utópica Rodante' en Moaña

ven24mai18:00'De Vilatriste a Vilalegre: A Utópica Rodante' en Moaña'Rechouchíos'18:00 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

O venres 25 de maio, ás 18:00 horas, os xardíns do Concello de Moaña acollen o espectáculo teatral para público infantil ‘De Vilatriste a Vilalegre: A Utópica Rodante‘, unha producción de Teatro ó Cubo en coproducción co Centro Dramático Galego.

‘Rechouchíos’ é un programa de dinamización lectora e lingüística con actividades dirixidas ao público infantil e familiar ao que acoden nenas e nenos, maioritariamente de 3 a 10 anos, segundo o tipo de espectáculo programado nas tardes dos venres.

Utilízanse diferentes espazos públicos, pechados e ao aire libre, e percórrense todas as parroquias de Moaña. O paxariño deseñado por Marc Taeger converteuse na mascota do programa e todas as actividades comezan co berro ideado por María Faltri, unha das colaboradoras do programa: ‘Chio, chio. rechouchío!’


Hora

(Venres) 18:00

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!