‘Ai Avoa!’ | Desfeita Teatro

Desfeita Teatro presenta 'Ai Avoa!’ en Vigo

dom07set20:00Desfeita Teatro presenta 'Ai Avoa!’ en VigoCircuíto de Teatro Amador FEGATEA20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Dentro do Circuíto de Teatro Amador FEGATEA organizado pola compañía Fauna 113, o domingo 7 de setembro ás 20:00h, a Sala Ártika de Vigo acolle a posta en escena de ‘Ai Avoa!’. 

Unha comedia crítica da compañía Desfeita Teatro que retrata, con humor ácido, a decadencia dunha familia obreira devorada pola avaricia da súa avoa.

A través dunha sátira sobre o egoísmo, a indolencia e a perda de valores, a obra ofrece unha reflexión mordaz sobre as miserias humanas e a falta de solidariedade na sociedade actual.

Esta é a historia dunha familia de clase traballadora sumida na decadencia económica e moral debido á crecente voracidade da avoa.

A obra é unha crítica social á indolencia, o egoísmo e a falta de solidariedade, empregando o humor para expoñer a miseria humana e a perda de valores.

Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!