Domingos do Principal 2025 - 'Ándale, bon appêtit!'

dom16nov12:00Domingos do Principal 2025 - 'Ándale, bon appêtit!'ciclo de TEATRO PARA TODA A FAMILIA12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 16 de novembro, dentro do ciclo de teatro para toda a familia Domingos do Principal, Teatro dos Ghazafelhos porá en escena ‘Ándale, bon appêtit!’, unha reposición da súa exitosa obra ‘Bon appêtit’.

Nesta ocasión, os nosos queridos chefs Felipe, Antonio e Francisco prepararán deliciosos pratos mexicanos facendo un pequeno repaso pola historia do país.

Tamales, enchiladas, tacos… unha chea de receitas aderezadas co humor dos Ghazafelhos e acompañadas coa aparición de personaxes como Pancho Villa ou Frida Kahlo. Coma sempre, a participación do público será imprescindíbel.

A peza foi finalista como mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares 2024.

Comedia clown.

Duración: 50 minutos

Recomendado partir de 5 anos.

DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

As representacións terán lugar entre o 12 de outubro e o 23 de novembro e contarán con pase ás 12.00 e ás 18.30 h.

Xanpatito Pato, Producións Excéntricas, Píscore e Teatro dos Ghazafelhos son as compañías galegas que levarán ao Principal circo teatro, teatro de actor, comedia musical e clown.

A murciana Onírica Mecánica apostará polo teatro contemporáneo e, chegada desde Euskadi, Marie de Jong polo teatro mudo de máscaras.

A programación de Domingos do Principal 2025 é a seguinte:

  • DOM 12 OUT • ‘COMPAÑA’ (Xanpatito Pato)
  • DOM 19 OUT • ‘MONSTROS’ (Producións Excéntricas)
  • DOM 26 OUT • ‘VERNE’ (Onírica Mecánica)
  • DOM 9 NOV • ‘MOLTO BARROCO’ (Píscore)
  • DOM 16 NOV • ‘ANDALE BON APPETIT’ (Teatro dos Ghazafelhos)
  • DOM 23 NOV • ‘Mr BO’ (Marie de Jong)

As entradas a prezo único de 4 euros e os abonos para os 6 espectáculos, a un prezo de 18 euros, están á venda en Ataquilla.com.

De non esgotarse, estarán á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!