‘Monstros’ | Sabela Eiríz

Domingos do Principal 2025 - 'Monstros'

dom19out12:00Domingos do Principal 2025 - 'Monstros'TEATRO PARA TODA A FAMILIA12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A programación do ciclo de teatro para toda a familia Domingos do Principal continúa o domingo 19 de outubro con ‘Monstros’, de Producións Excéntricas.

É unha visión terríbel, pavorosa. Intúense seres saídos dos peores pesadelos agachados entre as sombras. O nervio e o terror apodéranse do ambiente, as palabras atropélanse nas bocas. Será certo que aquel lugar está habitado por un monstro? Si, iso parece.

‘Monstros’ é un espectáculo familiar que reflexiona sobre aquilo que consideramos monstruoso e que talvez por iso nos fai sentir terror. Pero faino desde o humor, porque a risa é o mellor antídoto contra o que nos asusta.

Premio María Casares 2025 ao mellor espectáculo infantil.

Teatro de actor.

Duración: 50 minutos.

Recomendado a partir de 8 anos.

DOMINGOS DO PRINCIPAL 2025

As representacións terán lugar entre o 12 de outubro e o 23 de novembro e contarán con pase ás 12.00 e ás 18.30 h.

Xanpatito Pato, Producións Excéntricas, Píscore e Teatro dos Ghazafelhos son as compañías galegas que levarán ao Principal circo teatro, teatro de actor, comedia musical e clown.

A murciana Onírica Mecánica apostará polo teatro contemporáneo e, chegada desde Euskadi, Marie de Jong polo teatro mudo de máscaras.

A programación de Domingos do Principal 2025 é a seguinte:

  • DOM 12 OUT • ‘COMPAÑA’ (Xanpatito Pato)
  • DOM 19 OUT • ‘MONSTROS’ (Producións Excéntricas)
  • DOM 26 OUT • ‘VERNE’ (Onírica Mecánica)
  • DOM 9 NOV • ‘MOLTO BARROCO’ (Píscore)
  • DOM 16 NOV • ‘ANDALE BON APPETIT’ (Teatro dos Ghazafelhos)
  • DOM 23 NOV • ‘Mr BO’ (Marie de Jong)

As entradas a prezo único de 4€ e os abonos para os 6 espectáculos, a un prezo de 18€, están á venda en Ataquilla.com.

De non esgotarse, estarán á venda unha hora antes de cada pase na billeteira do Teatro Principal.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!