outubro, 2021

Detalles do Evento

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá os días 20, 21 e 22 de outubro o 10º Salón da oferta de educación e formación de Galicia, a cita máis importante do ano en educación e formación.

Edugal é un punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación.

As claves de Edugal son dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional, un salón que axuda aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional, a búsqueda dunh maior calidade na formación e unha ampla oferta de centros educativos e formativos, empresas e entidades que dan resposta ás necesidades de formación do estudante que necesita elexir o centro no que formarse para acceder ao mercado laboral.

Ademáis dos expositores, haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.

O horario de apertura do certame será de 10.00 a 18.00 horas (mércores e xoves ) e de 10.00 a 15.00 horas (venres).

Entrada libre e gratuita.

Hora

(Mércores) 10:00 - 18:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Recinto Feiral de PontevedraAlexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!