‘Enredadas’ de Leti da Taberna | Culturactiva

Monólogo de Leti da Taberna en Salvaterra

ven22ago21:00Monólogo de Leti da Taberna en SalvaterraVerán Cultural 202521:00 Praza do Concello de Salvaterra - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día.

En galego e con perspectiva feminista, ‘Enredada’ enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma.

Será o venres 22 de agosto, ás 21:00 horas na Praza do Concello de Salvaterra.

Espectáculo con entrada de balde, incluído no circuito +Escénicas’ da Deputación de Pontevedra.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Praza do Concello de Salvaterra

Praza da Constitución,1 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!