This is a repeating event

Entroido de Cobres 2025

sáb01marConsultarEntroido de Cobres 2025festa de Interese Turístico de Galicia(Consultar: sábado) Concello de Vilaboa - Vilaboa

Detalles do Evento

Unha nova cita co Entroido de Cobres, festa decladarada de Interese Turístico de Galicia, terá lugar do 1 ao 4 de marzo en Cobres, Vilaboa.

O inicio oficial das celebracións tivo lugar este sábado 22 de febreiro cun percorrido no que as Madamas e Galáns presentaron o Entroido polos barrios vilaboeses.

O chamado actualmente Entroido de Cobres, pero que tamén se denominou Antroido dos Cobres, do cal os personaxes principais son as madamas e os galáns, non ten unha orixe temporal definida, se ben sabemos que o fenómeno das madamas e galáns estendíase pola Ría de Vigo, pero que sólo en Cobres continúa.

Este Entroido tradicional que se celebra anualmente dende o sábado ata o martes de entroido nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres, e que ten como colofón a Corrida do Galo que se desenvolve o martes pola tarde na explanada de Riomaior xunto á Casa da Cultura, posúe para os veciños de Cobres un valor incalculable que queren compartir con todo aquel que desexe visitalos nas datas sinaladas.



O valor cultural da festa ven dado por moitos dos factores, os primeiros dos cales son a súa antigüidade e a súa continuidade a través do tempo. É agora o momento de falar doutros dous factores fundamentais, a orixinalidade que ven da man dos traxes dos seus personaxes principais, y por outra a diversidade dos actos que compoñen o festexo que dura 4 días, dende o sábado ata o martes de Entroido.

Non podes perderte este evento, que aspira a ser declarado Festa de Interese Turístico Nacional, onde cultura, tradición, baile e moita diversión se misturan para o disfrute do público que se achegue a Vilaboa nesas datas.

A programación do Entroido de Cobres 2025 é a seguinte:

Sábado 1 de marzo

  • 10:00 – 19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Gran Festa de Apertura co GRUPO CLAXON e TRÍO TIC TAC

Domingo 2 de marzo

  • 10:00 – 19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 22:00h. Festa a cargo de TRÍO LA NOCHE

Luns 3 de marzo

  • 10:00 – 19:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 19:00h. (horario orientativo). CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
  • 21:30h. Luns de MAGHACHOS coa ORQUESTRA FUEGO e DÚO PRISMA

Martes 4 de marzo

  • 10:00 – 13:00h. PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
  • 13:00h. Sesión vermú amenizada polo DÚO LOS DINÁMICOS. Haberá comida: polbo, churrasco, …
  • 16:30h. CORRIDA DO GALO presentada por ISI da TVG
  • Bailará o ENTROIDO, haberá GALO no río e na vara, concursos, predicadora LETI DA TABERNA, queima do GALO e gran tirada de fogos de artificio
  • FANFARRIA FURRUXA ameniza trala queima do Galo
  • REMATE DE FESTA con DJ GABRY

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Vilaboa

Está pasando!