Entroido Poio 2025

dom02mar12:00Entroido Poio 2025Do 2 ao 29 de marzo de 202512:00 Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

Poio aposta por un Entroido participativo, que fomenta a tradición e con propostas para toda a familia durante todo o mes de marzo.

A programación arranca o domingo 2 co Desfile de Entroido, entre a Biblioteca Municipal e a Praza da Granxa, onde rematará coa animación musical de DUE Eventos e a entrega de premios.

Repartiranse 4.820 euros entre os mellores disfraces nas categorías individual, parellas e grupos infantís e adultos, así como mencións especiais de animación e choqueiro.

As bases para participar pódense cunsultar en concellopoio.gal e o prazo para anotarse estará aberto ata este venres, 21 de febreiro. No caso das categorías individual e por parellas, poden facelo ata o mesmo día do desfile.


Presentación do Entroido 2025 en Poio | Concello de Poio

Ademais do Desfile, outra das grandes citas que “chegaron para quedarse” no Entroido de Poio é a pasarela de Comparsas, unha exhibición que se fará o venres 21 de marzo na Seca con mencións especiais e moita música e animación con Dolce Vita. Será a partir das 21.00 horas nunha carpa instalada na Seca.

enterro do Galo Fodorico será o sábado 22 de marzo, na Praza do Mosteiro, coa posterior Festa Choqueira, con chocolate quente e actuación musical, a partir das 21.00 horas.

A maiores das tres citas “principais” do Entroido de Poio, a programación tamén inclúe as festas familiares, bailes, desfiles e enterros que se organizan nas diferentes parroquias: Combarro, Lourido e Samieira, e que son un atractivo importante que veñen a completar e ampliar a actividades dun entroido que, en Poio, se estende durante todo o mes de marzo.

No caso de Combarro, a festa familiar de Entroido será o mércores 5 de marzo a partir das 17.00 horas na Praza da Chousa, organizado pola AC Ateneo Corredoira. Posteriormente, enterrarase ao Mexillón, a partir das 20.00 horas, cunha comitiva que o trasladará desde o porto da Canteira ata a Chousa.

Tamén o mércores 5, pero en Samieira, será a presentación do Galo Bruxo, organizado pola SDC Samieira, na Praza Alfredo Romay a partir das 19.00 horas. O enterro será o sábado 29, ás 17.30 horas cun desfile entre a Praza Amalita e a Casa do Pobo en Río de Bois.

Lourido celebra a Festa familiar e Enterro do Berberecho o venres 14 de marzo, a partir das 17.00 horas no parque Costa Xiráldez e coa animación de Javi Solla.


Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Concello de Poio

Está pasando!