This is a repeating event

Entroido Pontevedra 2025

ven28febConsultarEntroido Pontevedra 2025'Un entroido de cine'(Consultar: venres) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra albisca xa o seu Entroido. Todo apunta a que, un ano máis, o loro Ravachol non logrará superar a súa doenza e Pontevedra e a súa veciñanza velarán os seus restos, que serán incinerados na Ferraría, continuando coa tradición. Polo camiño haberá choros e lamentos, mais tamén haberá festa, sorpresas e, como non, disfraces e retranca.

O Concello de Pontevedra presenta o conxunto de actividades habituais, que inclúen a recepción do alcalde a Urco, o tradicional desfile, o velorio do querido loro Ravachol, a Noite Pirata, o XXXIII Concurso de Murgas, a XXVIII Mostra da Parodia ou a recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo; na parte máis festiva.

No eido máis cultural, aparecen as XIII Xornadas sobre o Entroido de Galiza, no Teatro Principal, que se desenvolverán os días 14 e 15 de marzo. Doutra banda, figuran as xornadas gastronómicas, realizadas en colaboración co Centro Comercial Urbano-Zona Monumental, onde distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos de Entroido durante as vindeiras datas.

A comparsa Las Flores del Carnaval, de Monte Porreiro, será a encargada de iniciar como tal este período festivo, coa lectura do pregón o vindeiro venres, 28 de febreiro, na Ferraría.

Como novidade máis importante, cómpre sinalar que este ano non existe un único cartel de Entroido como tal, senón que son 10 os que figuran con tal distinción. Trátase duns deseños realizados polo alumnado da Escola Profesinal de Banda Deseñada e Ilustración Garaxe Hermético, nos que revisan distintos carteis lendarios de películas estatais e internacionais, mais cunha ollada pontevedresa e retranqueira.



Estes cartaces, xunto con outros deseños do alumnado da nomeada escola, poden ser ollados na mostra ‘Un entroido de cine’, no primeiro andar do Mercado.

Os carteis oficiais do Entroido, así como o resto o programa detallado e ao completo pode ser consultado en pontevedra.gal

 VEN 28/02 

21.00 h. Praza da Ferraría. RECEPCIÓN DO ALCALDE A URCO, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Os Miúdos, As Sonecas e Os da Caña. Lectura o pregón a cargo da comparsa Las Flores del Carnaval.

21.30 h. Pasarrúas das comparsas Os 100Tolos, Os Paparrulos e Os Solfamidas.

 SAB 1/03 

16.00 h. José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

17.00 h. DESFILE DO ENTROIDO. Saída dende a rúa de José Malvar; percorrerá as rúas de Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa da Alameda.

20.00 h. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

 LUN 3/03 

17.00 h. Praza de Curros Enríquez. Obradoiro infantil: crea o teu disfrace pirata.

19.30 h. Praza da Peregrina. PRESENTACIÓN DO LORO RAVACHOL. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Boavila.

21.00 h. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXXIII Concurso de Murgas.

 MAR 4/03 

12.30 h. Pasarrúas dos Piratas do Lérez.

17.00 h. Praza da Ferraría. Festa pirata infantil e animación infantil. Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.

18.00 h Pasarrúas dos Piratas do Lérez e Os Piratas Gaiteiros.

20.00 h. NOITE PIRATA. Desembarco da tripulación do Burla Negra no Centro Histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Asociación Combrus, Troula e Vamos a Todo.

21.30 h. Praza da Ferraría. Baile pirata: concerto de Somoza Trío.

23.00 h. Casa da cultura de Campañó. Baile de Entroido con premios aos mellores disfraces.

23.00 h. Pasarrúas pirata: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Miúdos, As Sonecas, Os Paparrulos, Os Canecos, Os 100Tolos, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces e Alegría de Bora.

 MER 5/03 

16.30 h. Casa da cultura de Campañó. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca. Festival infantil de Entroido.

17.00 h. Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol.

17.00 h. Centro cultural de Monte Porreiro. Festa infantil.

19.00 h. RECREACIÓN DA BOTICA DE DON PERFECTO FEIJOO. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Sons de Cores.

21.00 h. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXXIII Concurso de Murgas.

 XOV 6/03 

21.00 h. Pazo da Cultura. FINAL DO XXXIII CONCURSO DE MURGAS.

 VEN 7/03 

17.00 h. Rúa da Serra. Obradoiro infantil: creación dun Ravachol.

22.30 h. Prazas e rúas da cidade. XXVIII MOSTRA DA PARODIA DO ENTROIDO.

24.00 h. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXVIII Mostra da Parodia do Entroido.

 SAB 8/03 

12.00 h. Praza da Peregrina. RECREACIÓN DA BOTICA DE DON PERFECTO FEIJOO, actuación de Loaira e Os Alegres.

12.30 h. Praza da Verdura, escaleiras praza de Ourense. Sesión vermú. Murga Os do Val do Lérez, Murga Equipo Ja e Murga do Naveiro.

18.00 h. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.

19.30 h. Pasarrúas: A Santa Compaña Leva a Ravachol.

21.00 h. SAÍDA DO CORTEXO FÚNEBRE dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Las Flores del Carnaval, Os 100Tolos, Os Paparrulos e Os Solfamidas. Vamos a Todo e Os Alegres, percorrendo as rúas de San Román, Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

VELORIO INFAUSTO

Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

Programa:

  • Introito coa lectura dunha elexía para o finado
  • Celme, danza da morte
  • Saeta Val do Lérez
  • Incineración do loro Ravachol

22.00 h. Pasarrúas das comparsas Os Canecos, Os Miúdos, As Sonecas, Os da Caña, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces e Alegría de Bora.


XIII XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Sala multiusos do Teatro Principal de Pontevedra

 VEN 14/03 

18.00 h. Apertura das xornadas.

18.10 h. Conferencia “As entroidadas de Corzáns: Teatro carnavalesco”. A cargo de Xerardo Santomé (antropólogo).

18.50 h. Conferencia “Mudados e Perriñas: o Entroido rural de Ribadetea”. A cargo de Jonathan Zúñiga (presidente da Asociación Cultural e Veciñal de Ribadetea).

19.40 h. Conferencia “O regreso da Momada: a recuperación do Entroido de Agusantas”. A cargo de Rafael Quintía (antropólogo) e Manuel Suárez (Asociación Cultural Entroido de Aguasantas).

20.30 h. Mesa redonda cos relatores.

 SAB 15/03 

18.00 h. Apertura das xornadas.

18.10 h. Presentación do libro ‘A boreada das mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos entroidos tradicionais de Xermade’. A cargo do seu autor Rafael Quintía Pereira.

18.30 h. Conferencia “O Entroido de Merza”. A cargo de Belén Guzmán (presidenta da Asociación Cultural Vello dos Cornos).

19.30 h. Conferencia e documental “Momotxorroak.


XORNADAS GASTRONÓMICAS

Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido. Coa colaboración do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental.


EXPOSICIÓN “UN ENTROIDO DE CINE”

O Mercado, 1º andar, Pontevedra

DO 14/02 AO 9/03

  • De martes a sábado: 12.00 a 23.00 h
  • Domingos: 12.00 a 16.00 h

Ilustracións realizadas polos alumnos da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración Garaxe Hermético, revisando carteis icónicos de cine desde o entroido pontevedrés.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!