‘Véxote’ | Islandia Producciones

Especial 'Martes de curtas' en Marín

mar14out19:30Especial 'Martes de curtas' en Marínciclo “Martes de Cinema”19:30 Biblioteca Pública Municipal de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Concello de Marín impulsa a actividade “Martes de Cinema”, unha proposta cultural que traerá á vila unha selección de filmes e curtas seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da man da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

Serán seis sesións, unha delas de curtas, cinco de de longametraxes de ficción e unha de documental.

As proxeccións serán os martes, do 23 de setembro ao 28 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública, con entrada libre e de balde.

O 14 de outubro, proxectaranse 6 curtametraxes, tanto de imaxe real como de animación. Nesta xornada, os asistentes poderán ver:

‘Nai’: Rois, 1970. No máis profundo de Galiza, a desaparición dunha cativa fai tremer os cimentos da familia Bandín. Tan só o complexo plan dunha nai desesperada poderá esclarecer o destino final da súa filla (Imaxe real, 16 min)

‘Pura’: Unha muller volta a casa para recordar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e as lembranzas (Imaxe real, 25 min)

‘Véxote’: David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos. No medio da natureza buscan atoparse, verse (Imaxe real, 20 min)

‘Sinapse’: Andrea, unha anciá con Alzheimer, recibe a visita da súa filla Marta na residencia na que se atopa. Durante este encontro, terá unha épica batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade (Animación, 4 min)

‘Platónico, platónica’: Créame un título para un filme sobre o amor. Platónico, platónica é un ensaio audiovisual sobre as imaxes, o amor e a súa verdade. Porque sen amor non hai imaxe (Animación, 9.30 min)

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Biblioteca Pública Municipal de Marín

Avenida de Ourense, 8 - 36900 Marín

Está pasando!