Etiqueta Negra 2024 | Feira Etiqueta Negra

This is a repeating event

Etiqueta Negra 2025 en Pontevedra

sáb08nov11:00sáb21:00Etiqueta Negra 2025 en PontevedraA feira do gourmet galego11:00 - 21:00 Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A novena edición de Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego, celebrarase os días 8, 9 e 10 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra, consolidándose como o grande escaparate do produto galego de alta gama.

O encontro reunirá un cento de expositores –dos que dezaseis participarán por primeira vez– e presentará máis de vinte novidades que reflicten o dinamismo e a capacidade innovadora dun sector en expansión.

Etiqueta Negra ofrecerá unha programación continua con degustacións e presentacións de moitas destas novidades, ademais doutras catas que permitirán descubrir a diversidade e a excelencia dos sabores galegos.

A feira incluirá un cento de actividades paralelas, entre as que haberá demostracións de cociña en directo, degustacións, catas comentadas… O programa completo de actividades será presentado nos próximos días.

Etiqueta Negra 2024 | Feira Etiqueta Negra

Etiqueta Negra é a única feira en Galicia dedicada exclusivamente aos produtos de alta gama galegos e serve como punto de encontro entre produtores, distribuidores, restauradores e consumidores.

Conta co patrocinio principal do Concello de Pontevedra e o apoio de Estrella Galicia e Cabreiroá como auga oficial, a Consellería do Mar, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, Froiz e Gadis, así como a colaboración do CIFP Carlos Oroza, Gráficas Anduriña, Efímera Espacios Temporales Labauh Factory.

A feira abrirá as súas portas o sábado e domingo de once da mañá a nove da noite, e o luns de once da mañá a sete da tarde.

O prezo da entrada será de tres euros por día ou cinco euros polo abono das tres xornadas. O recinto contará cunha zona gastronómica e foodtrucks para completar a experiencia do público visitante.

Hora

(Sábado) 11:00 - 21:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!