Obra de Remedios Priegue | Exposición ‘Contrastes’

Exposición 'Contrastes' en Pontevedra

ven18xulConsultardom03agoExposición 'Contrastes' en PontevedraAsociación Artística e Cultural de Pontevedra(Consultar) Palacete das Mendoza - Pontevedra

Detalles do Evento

A exposición ‘Contrastes’ recolle obras fotográficas e pictóricas elaboradas por un total de 22 usuarios e usuarias da Asociación Artística e Cultural de Pontevedra.

A mostra esta dispoñible do 18 de xullo ao 3 de agosto na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.

O nome da exposición, ‘Contrastes’, fai alusión á revista que a asociación leva publicando desde o ano 1998 e que na actualidade recibe o nome de ‘Los Contrastes del Arte’, e rende tributo ao labor que fai o colectivo desde a súa fundación en 1996.

Na actualidade está formado por arredor de 55 socios, na súa gran maioría pintores, pero tamén poetas, fotógrafos, escritores e amantes da cultura en xeral.

Obra de Zsuzsi Kanyo | Exposición ‘Contrastes’

A exposición inclúe obras de Zsuzsi Kanyo, Violeta Arisha Tasende, Santiago Sancho, Remedios Priegue, Pili Soliño, Mauricio Rodríguez, Mª Jesús G. Burgueño, Mª Teresa Calvo, Mª José Pérez, Lola Couto, Lino Souto, Kuqui Pazos, Isabel Leyes, Eulogio Tordesillas, Elena Fdez. de Dios, Dalia Ponte, Carmen Payo, Carmen Martín, Carmen Gago, Carmen Álvaro, Cajete e Ángeles Fondevila.

Os horarios de visita da mostra ‘Contrastes’ no Palacete das Mendoza serán os de apertura da sede de Turismo Rías Baixas: de luns a venres ininterrompidamente de 9:00 a 21:00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.

Hora

Xullo 18 (Venres) - Agosto 3 (Domingo)

Localización

Palacete das Mendoza

Praza de Santa María, s/n 36002 Pontevedra

Está pasando!