Unha das imaxes da exposición fotográfica ‘As raíñas do ceo’ | Nicolás Otero Sanmartín

Exposición 'As raíñas do ceo' en Sanxenxo

sáb11out(out 11)09:00ven31out(out 31)21:00Exposición 'As raíñas do ceo' en Sanxenxofotografías de Nicolás Otero Sanmartín09:00 - 21:00 (31) Auditorio Emilia Pardo Bazán - Sanxenxo

Detalles do Evento

Co gallo do Día Mundial das Aves, o Pazo Emilia Pardo Bazán acolle do 11 ao 31 de outubro a exposición fotográfica ‘As raíñas do ceo’, para mostrar a riqueza ornitolóxica do municipio.

A mostra conta con 18 imaxes de gran calidade do grovense Nicolás Otero Sanmartín, algunhas delas realizadas no propio municipio e no Complexo Intermareal Umia-O Grove nas que se pode apreciar a gran riqueza ornitolóxica do territorio.

Cada imaxe vai acompañada dunha breve explicación das aves fotografadas.

A mostra poderá visitarse en horario de 9 a 14 horas e de 18 a 21 horas no vestíbulo do Auditorio Emilia Pardo Bazán.

O Complexo Intermareal Umia-O Grove que abarca Sanxenxo, Meaño, O Grove, Cambados e Illa de Arousa (Punta Carreirón) está declarado como Reserva Ornitolóxica de Galicia, Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Humidal de Importancia Internacional (RAMSAR).

Nas súas 7.300 hectáreas alberga concentracións importantes de especies como a Espátula (Platalea leucorodia), Ostrero euroasiático (Haematopus ostralegus), *Ánade silbón (Anas penelope), *Ánade rabudo (Anas acuta), Mazarico trinador (Numenius phaeopus) e Correlimos tridáctilo (Calidris alba).

Hora

11 (Sábado) 09:00 - 31 (Venres) 21:00

Localización

Auditorio Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3 - 36960 Sanxenxo

Está pasando!