Exposición bibliográfica de Rosalía e Laxeiro en Lalín

ven07febConsultarven28febExposición bibliográfica de Rosalía e Laxeiro en LalínLVII FEIRA DO COCIDO(Consultar) Biblioteca Pública Municipal Benito Varela Jácome - Lalín

Detalles do Evento

O material bibliográfico do que dispón a Biblioteca Municipal Varela Jácome sobre Rosalía e Laxeiro é moito maior do que está exposto, polo que calquera usuario pode solicitar os exemplares que desexe

A Biblioteca Municipal lalinense organiza unha pequena mostra da obra de Rosalía de Castro e de Laxeiro con motivo da celebración, o vindeiro 23 de febreiro -día tamén da Feira do Cocido– da conmemoración do seu nacemento (188 anos do nacemento de Rosalía e 117 do de Laxeiro), unha exposición que poderá verse ata finais de febreiro.



Por outra parte, hai que lembrar que a Biblioteca tamén alberga ata pasado o Entroido unha mostra sobre a 57ª Feira do Cocido e sobre o Carnaval, con decoración típica destas datas (debuxos de porquiños, caretas, refráns e receitas típicas destas festas) e con libros sobre a Feira do Cocido e sobre o Carnaval en Galicia, ademais de incluír cómics e outras publicacións para a cativada que teñen como temática as celebracións deste mes.

Hora

febreiro 7 (Venres) - 28 (Venres)

Localización

Biblioteca Pública Municipal Benito Varela Jácome

Praza do Concello, 1 - 36500 Lalín

Está pasando!