Exposición ‘Bueno Carallo Bueno’ | © Concello de Vilagarcía

Exposición 'Bueno Carallo Bueno' en Vilagarcía

ven19xanConsultardom25febExposición 'Bueno Carallo Bueno' en Vilagarcíaorixinal proposta pictórica-poética de José Freixanes e Alberto Avendaño(Consultar) Sala Rivas Briones - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A sala municipal Antón Rivas Briones acolle a exposición ‘Bueno Carallo Bueno’, a orixinal proposta pictórica-poética que presentan o artista José Freixanes e o escritor e xornalista Alberto Avendaño.

A mostra, que xurde do libro do mesmo título no que os dous creadores plasmaron a súa primeira colaboración, poderá visitarse ata o 25 de febreiro, de luns a sábado de 10:30 a 13:30 horas e de 18:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas.

A exposición ‘Bueno Carallo Bueno’ consta de 39 pinturas de distintos formatos e técnicas do artista plástico, ás que acompañan a poesía de Avendaño, inspirada na tradición xaponesa, pois estrutura os seus versos en haikus e tankas propios da cultura nipona.


Exposición ‘Bueno Carallo Bueno’ | © Concello de Vilagarcía

José Freixanes (Pontevedra, 1953) é membro do Grupo Atlántica e na actualidade imparte clases na Facultade de Belas Artes de Granada.

Pola súa banda, Alberto Avendaño (Vigo, 1957) é un escritor e recoñecido xornalista, membro fundador do Colectivo de Comunicación Poética Rompente. Afincado en Vilagarcía dende hai uns anos, foi profesor da John Hopkins University e director da edición en español do xornal The Washington Post. Recentemente foi nomeado membro numerario da Academia Norteamericana de la Lengua Española.

Hora

Xaneiro 19 (Venres) - Febreiro 25 (Domingo)

Localización

Sala Rivas Briones

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 14, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!