'A expresión da cor', exposición de Juan Codesido en Pontevedra

ven15decConsultardom31dec'A expresión da cor', exposición de Juan Codesido en PontevedraSede de Turismo Rías Baixas(Consultar) Palacete das Mendoza - Pontevedra

Detalles do Evento

‘A expresión da cor’ é unha viaxe polas formas xeradas por Codesido, o artista que para chegar á expresión emprega a cor como xeradora de formas. Trátase dunha exposición moderna, difícil de encadrar dentro dos estilos pictóricos contemporáneos, que destaca pola forza das cores puras en contraste.

Predominan pezas de abstracción pura, xerada por distintos tipos de técnicas para buscar, en todo momento, a conexión coa parte inmaterial do ser por medio das emocións.

Do 15 ao 31 de decembro de 2023 no Palacete das Mendoza. Visitable de luns a venres, de 9:00 a 20:00 horas, sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. Domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Hora

decembro 15 (Venres) - 31 (Domingo)

Localización

Palacete das Mendoza

Praza de Santa María, s/n 36002 Pontevedra

Está pasando!