‘Do final e do Comezo’ | Pazo da Cultura de Pontevedra

Exposición 'Do final e do comezo' en Pontevedra

mar09xanConsultardom11febExposición 'Do final e do comezo' en PontevedraTRABALLOS FINAIS DE GRAO EN BELAS ARTES 2023(Consultar) Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a exposición ‘Do final e do comezo’, que reúne as obras que 27 novos titulados e tituladas en Belas Artes desenvolveron como traballos de fin de grao.

Un ano máis, o Pazo da Cultura, o Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, únense para realizar unha exposición comisariada por Alexandra R. Rey, que represente o traballo desenrolado nesta promoción. Unha panorámica das múltiples propostas, investigacións e pensamentos que se formaron no contexto da Facultade. Unha oportunidade para dar visibilidade o traballo realizado nunha mostra que será o final dunha etapa e comezo doutra.



Camiños, pedras, caídas, desvíos, atallos, labirintos, acantilados, voltas, reviravoltas, luz e escuridade. variantes posibles no acto de camiñar contextualizan e introducen ‘Do final e do comezo’, proxecto expositivo que representa anos de formación, descubrimentos e transformacións.

Coma se de maxia faláramos, este proxecto amosa o final dun ciclo para abrir portas a novas experiencias, retos e camiños. Unha nova xeración de Artistas comezan neste intre, a creación dunha nova folla de ruta. Non escrita, nunca antes transitada, única e dificilmente repetible. Inician o seu propio percorrido, as súas propias eleccións e comezan a construir as súas definicións, xa non só como creadores/as, senón como persoas conscientes do entorno, sociedade e realidade que os rodea.

Nesta nova edición, falaremos da identidade, individual e colectiva, dende unha absoluta necesidade de volver á raíz das lembranzas, de conectar coa natureza pel con pel, de mudarnos, ollarnos con perspectiva e escoitar con atención un mundo que suplica calma, humildade e respecto.

A exposición pode visitarse ata o 11 de febreiro, de martes a venres de 18.00 a 21.00 horas, os sábados de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas e os domingos de 12.00 a 14.00 horas.

Ademais, conta cunha serie de visitas guiadas, programadas para os días 17 e 24 de xaneiro e 7 de febreiro ás 17.30 horas e os días 21 de xaneiro e 3 e 11 de febreiro, ás 12.00 horas, con inscrición a través do servizo Apúntate do Concello de Pontevedra.

Está pasando!