Exposición 'Enoturismo en Paco & Lola'

ven26setConsultarmar11novExposición 'Enoturismo en Paco & Lola'Fotografías de Óscar Vífer(Consultar) Pazo de Lis - Meaño

Detalles do Evento

O Pazo de Lis acolle unha exposición fotográfica sobre o enoturismo na adega Paco & Lola, presentada por primiera vez na Casa de Galicia de Madrid e que se pode visitar no pazo meañés coincidindo co aniversario da adega.

As fotografías de Óscar Vífer, mostran aos socios da cooperativa e recrean o percorrido que fai a uva desde a súa chegada tras a vendima, pasando polos procesos de elaboración, ata o momento da cata final.

Organizada en colaboración co Concello de Meaño, o obxectivo desta exposición pasa por visibilizar e poñer en valor o enoturismo como parte esencial da identidade da cooperativa meañesa.

A mostra está aberta ao público do 26 de setembro ao 11 de novembro.

Hora

Setembro 26 (Venres) - Novembro 11 (Martes)

Localización

Pazo de Lis

As Covas, s/n- 36968 Meaño

Está pasando!