‘Fina Casalderrey. Medrando entre historias’ en Pontevedra

xov18abrConsultarlun20mai‘Fina Casalderrey. Medrando entre historias’ en PontevedraUnha exposición do Concello de Pontevedra e GÁLIX(Consultar) Praza de Ourense - Pontevedra

Detalles do Evento

A vida de Fina Casalderrey xa poder ser compartida, gozada e aprendida a pé de rúa. A mostra ‘Fina Casalderrey. Medrando entre historias’ ocupa xa o seu lugar na Praza de Ourense co fin de homenaxear e contar a historia da escritora pontevedresa máis recoñecida a nivel internacional.

Escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel, conta con 20 paneis nos que a veciñanza e visitantes poderán afondar no percorrido vital e literario da autora candidata este ano ao premio Memorial Astrid Lindgren e o galardón Hans Christian Andersen, o coñecido coma o Nobel da Literatura Infantil.

A exposición foi promovida por Gálix, contando co apoio do Concello de Pontevedra, e permanecerá na Praza de Ourense até o vindeiro 20 de maio. 



A escritora, que estivo presente na súa inauguración, amosou o seu agradecemento ao Concello de Pontevedra e a todos os presentes, que sumaban un cento, a través dun fermoso discurso, lembrando que esta se trata «dunha exposición compartida con todos vós».

Pola súa banda, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, lembrou que «Fina é o exemplo perfecto de como desde calquera aldea deste país podemos chegar a ser universais sen renunciar á nosa lingua nin á nosa cultura».

A continuación das intervencións iniciais, a responsábel da mostra, María Lado, realizou unha visita guiada pola mesma, acompañada da escritora e de todos os presentes, entre os que figuraban a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega, Victor F. Freixanes.

Hora

Abril 18 (Xoves) - Maio 20 (Luns)

Localización

Praza de Ourense

Praza de Ourense 36001 Pontevedra

Está pasando!