Exposición ‘Mar Emerxente’ | UVigo

Exposición 'Mar emerxente' en Vigo

sáb28xuñ(xuñ 28)08:00lun15set(set 15)15:00Exposición 'Mar emerxente' en Vigoencontro entre ciencia e arte(xuño 28) 08:00 - (setembro 15) 15:00 Autoridad Portuaria de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Ciencia e arte fusiónanse en ‘Mar Emerxente’, un proxecto que celebra a beleza e a complexidade dos océanos.

Posto en marcha polo Campus do Mar dentro da súa iniciativa ‘Scientists meet Artists’, e liderado polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, a proposta combina a creatividade de cinco artistas de prestixio internacional co coñecemento de cinco científicos e científicas do CIM-UVigo para crear esculturas inspiradas en diversos ámbitos das ciencias mariñas.

‘Mar Emerxente’ nace da colaboración de cinco binomios multidisciplinares formados por Paula Diz e Noemí Palacios, Fran Ramil e Nando Álvarez, Moncho Gesteira e Amancio González, Estefanía Paredes e Lyliya Pobornikova e Elena Ojea e Itahisa Pérez.

Exposición ‘Mar Emerxente’ | UVigo

Persoal científicos e artistas mergulláronse de cheo nun proxecto único e innovador no que investigación e creatividade camiñan da man. Tras visitar ás e aos investigadores para descubrir os seus traballos e intercambiar experiencias e visións, as e os artistas pecháronse nos seus talleres a dar forma a todo o percibido.

O resultado son cinco obras que representan unha perfecta simbiose entre os mundos científicos e artístico.

O público poderá gozar da mostra no hall da sede central da Autoridade Portuaria de Vigo ata o vindeiro 15 de setembro, de luns a venres, en horario de 8 a 15 horas.

Hora

Xuño 28 (Sábado) 08:00 - Setembro 15 (Luns) 15:00

Localización

Autoridad Portuaria de Vigo

Pr. da Estrela, 1, Santiago de Vigo, 36201 Vigo, Pontevedra

Está pasando!