Exposición 'O Gabinete de Ricardo Blanco Cicerón' en Pontevedra

xov12setConsultarlun11novExposición 'O Gabinete de Ricardo Blanco Cicerón' en Pontevedra'DO COLECCIONISMO AO MUSEO'(Consultar) Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Do 12 de setembro ao 11 de novembro, no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra podemos visitar a exposición temporal ‘O Gabinete de Ricardo Blanco Cicerón. Do coleccionismo ao Museo’.

Comisaria: Erea Castro Alfonso.

Ricardo Blanco Cicerón (Tui, 27/10/1844–Santiago de Compostela, 31/07/1926) procedía da acomodada familia tudense Centeno y Cicerón, ligada á nobreza galega. Dedicoulle a súa vida ao dereito, á administración e á actividade política como xefe rexional de Galicia na Junta Nacional de la Comunión Tradicionalista, presidida polo marqués de Cerralbo.

O seu gusto e paixón polas artes e as humanidades levouno a atesourar unha vasta colección de obxectos, entre os cales destacan as xoias protohistóricas, con torques, diademas e aneis; machadas de bronce; moedas; medallas; documentos medievais e outras moitas pezas de diversas épocas. Este labor granxeoulle o seu recoñecemento como o coleccionista de maior relevancia para a historiografía da arte en Galicia, sen esquecer outros coetáneos coma Casto Sampedro, Francisco Pazos, Federico Maciñeira e Marcelo Macías, entre outros.



Ricardo Blanco Cicerón foi esencial no desenvolvemento da sociedade Viuda e Hijos de Simeón García de la Riva, precedente do que máis tarde sería o Banco Simeón. Entendeu a importancia de preservar o legado artístico galego, coñecer os achados arqueolóxicos que se producían no noso territorio e permitir o seu estudo e divulgación a aqueles que se introducían no que algúns denominaron “(…) o museíño do Señor Blanco Cicerón na Rúa da Senra, núm. 3”.

Hoxe, o Museo de Pontevedra recupera a figura de quen Casto Sampedro definiu como “o meu amigo e terror de coleccionistas e arqueólogos e anticuarios pasados, presentes e futuros”, un mecenas e custodio da arte galega, cuxas xoias constitúen grandes referentes nas coleccións de todos os centros museográficos de Galicia e do resto do territorio español.

Visitable de martes a sábado, de 10:00 a 21:00 horas e domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas.

Hora

Setembro 12 (Xoves) - Novembro 11 (Luns)

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!