Mercado Municipal de Pontevedra | © Atlantis Comunicación

This is a repeating event

Faladoiros con Rogelio Santos en Pontevedra

sáb11out11:30Faladoiros con Rogelio Santos en Pontevedra'Mercado con xeito'11:30 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presentou unha nova iniciativa destinada a concienciar á poboación adulta sobre a importancia dos hábitos saudables e o consumo de produtos de proximidade.

O programa, que leva por título, ‘Mercado con xeito’, deseñado en estreita colaboración coa asociación de praceiras e praceiros, busca revitalizar a Praza de Abastos e atraer a un público máis novo, abordando o «necesario relevo xeracional» que se detectou entre a clientela do mercado.

Para levar a cabo este proxecto, contarase coa participación de Rogelio Santos Queirúa, mariñeiro de profesión, mais tamén coñecido como un dos grandes divulgadores galegos da cultura do mar.

O programa estrutúrase a través de dúas actividades complementarias, para as cales será necesaria inscrición previa xa que as prazas son limitadas.

As actividades programadas son:

  • Faladoiros con Rogelio Santos: Un ciclo de charlas que terán lugar os sábados pola mañá no primeiro andar do mercado (na antiga lonxa). Nestes encontros, Rogelio achegará aos asistentes a importancia do mar, a cultura mariñeira, o consumo de proximidade e resolverá dúbidas sobre o peixe e o marisco.

    • Datas: Sábados 13 e 20 de setembro; 4 e 11 de outubro; e 15 e 22 de novembro.
    • Hora: 11:30 h.
    • Prazas: 30 persoas.

  • Visitas guiadas coas praceiras e praceiros: Percorridos polo mercado da man dos propios traballadores e traballadoras, quen explicarán as características dos seus produtos e responderán ás preguntas dos participantes. Estas visitas realizaranse os mércores, a petición dos propios vendedores, por ser un día con menos carga de traballo que o sábado.

    • Datas: Mércores 17 e 24 de setembro, 15 de outubro e 12 de novembro.
    • Hora: De 11:00 a 12:30 h.
    • Prazas: 15 persoas.

Ambas as dúas actividades están deseñadas para complementarse. De feito, no seu último faladoiro, Rogelio Santos recollerá e resolverá as dúbidas que xurdisen durante as visitas guiadas ao mercado.

Información e inscricións

A participación en calquera das actividades require inscrición previa, que deberá realizarse a través do correo electrónico [email protected]. É importante destacar que o prazo de inscrición abrirase unha semana antes da data de cada actividade.

Para máis información, poderá consultarse nas redes sociais do Concello e do Mercado.

Hora

(Sábado) 11:30

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!