This is a repeating event

VII Festival clasclás en Vilagarcía de Arousa

ven21xuñConsultarVII Festival clasclás en Vilagarcía de ArousaFestival Internacional de Música Clásica(Consultar: venres) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Festival Internacional de Música Clásica clasclás realizará a súa VII edición novamente no verán de 2024 baseándose no vertixinoso e consolidado éxito obtido polo certame ao longo dos seis últimos anos, acadando os 5.000 asistentes na derradeira edición do ano 2023. O festival celebrarase dende o venres 21, coincidindo co Día Internacional da Música, ata o sábado 29 de xuño de 2024.

Nesta VII edición o Festival renderá homenaxe ao papel da muller na historia da música, e así o reflexa a imaxe deste ano baixo o lema “Andante”:

Á gran e lexendaria pianista Elisabeth Leonskaja, que inaugurará o festival e fará doblete nun segundo concerto xunto a Hannah Kandinsky, sumaranse Judith Jáuregui, Judith Bardolet e as 36 mulleres profesionais da música componentes de Vocalia Taldea; tamén as tres componentes do Cuarteto Novecento, Ildikó Oltai, Irina Gruia, Ioana Ciobotaru; ás novas compositoras Paula Olaz e Eva Ugalde das que escoitaremos as súas obras na clausura do clasclás; as dúas vicepresidencias, o equipo directivo e unha importantísima parte do equipo de producción e xestión do festival; as profesoras do programa Pedagóxico como

Mairead Hickey, as pianistas acompañantes do Programa ‘a pé de rúa’ e todas as alumnas que participan nos catro programas que completan o Festival.



PROGRAMA ARTÍSTICO

Elisabeth Leonskaja é, sen dúbida, a protagonista desta edición por varias cuestións: É unha pianista lexendaria, unha das grandes damas da escola rusa, artista extremadamente coherente de gran personalidade, expresividade e una sonoridade única. Participará en dous concertos do festival, un en solitario e outro xunto ao Cuarteto Kandisnky.

Xunto a eles, podemos tamen escoitar ao recoñecido cellista Adolfo Gutiérrez Arenas con Malcolm Martineau, nunha das escasas oportunidades nas que podeir escoitar a este afamado pianista escocés interpretando música de cámara.

Judith Jáuregui volve ao clasclás nesta ocasión acompañada polo Cuarteto Gerhard, formando un quinteto que xa leva tempo traballando conxuntamente, interpretando ademáis obras para piano solo e para cuarteto de corda.

Josef Špaček, o prestixioso violinista checo, concertino durante anos da Filarmónica checa e alumno de Iztak Perlmann, ofrecerá o quinto concerto do clasclás co seu pianista de cabeceira, Miroslav Sekera.

Clausuraremos este clasclás con un concerto a cargo Vocalia Taldea, coro de voces blancas fundado no ano 2000 polo seu director Basilio Astúlez e que reúne a 36 mulleres profesionais da música que nos ofrecerán un programa baixo o título De lo divino y humano. Josu Okiñena as acompaña ao piano.

PROGRAMA PEDAGÓXICO E DE MASTERCLASSES

O Programa Pedagóxico e de Masterclasses, que se realiza nesta ocasión de forma previa ao festival, ten por obxectivo ampliar, fortalecer e consolidar a formación do alumnado do Conservatorio Profesional de Vilagarcía, así como doutro alumnado ou ex-alumnos que puidesen participar convidados polo centro.

Para esta VII edición do festival está previsto realizar as seguintes actividades pedagóxicas e Masterclasses: Masterclass de Trombón, Masterclass de Rítmo e Percusión Cubana, Masterclass de Trompeta, Masterclass de Violín e Taller de Música Irlandesa, Masterclass de Frauta Travesera e taller de Traverso Barroco, Taller práctico para afrontar a ansiedade escénica baixo a denominación “Cambia en 4 horas como subes al escenario”.

PROGRAMA SOCIAL E COMUNITARIO

Queremos continuar apostando polo benquerido Programa Social e Comunitario, deseñado para amosar a música clásica a diferentes colectivos da nosa sociedade que por diferentes motivos ou causas non teñen facilidade suficientes para achegarse a ela, e que tantas alegrías ten provocado a todos os que participan no clasclás, asistentes, participantes e organizadores, evento imprescindible para o festival. Son preto de 400 espectadores de capacidades diferentes pertencentes a máis de vinte as asociacións e colectivos que participan cada ano neste programa.

PROGRAMA CLASCLÁS MATINEÉ

Este programa, de nova creación na VII edición, ten como obxectivo celebrar concertos en sesión de mañá en espazos históricos de singular interese da nosa cidade, como o Pazo de Rubiáns, a Igrexa de Vistalegre, o Salón García, etc…

O próximo verán nos concertos do clasclás matinée poderanse escoitar obras de compositores galegos, nados no século XX e outros aos que renderemos homenaxe como G. Puccini ou G. Fauré.

Están previstos os seguintes concertos:

  • …música, onte-hoxe. A cargo de Manuel Morales, frauta e Raúl Rodríguez, piano no Salón García o venres 28 de xuño ás 12:00 horas con entrada de balde previa retirada en Ataquilla.com
  • Cuarteto Novecento, o sábado 29 de xuño no Pazo de Rubianes. Entradas en www.clasclas.com e www.pazoderubianes.com

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!